Comunica con estratexia, conecta con ética

a través dos teus textos.

Comunica con estratexia, conecta con ética

 

a través dos teus textos.

Así é como che axudo a conseguilo:

Tradución

Queres internacionalizar o teu negocio para chegar a outros mercados, pero sen perder a túa voz nin a túa esencia no camiño.

 

Traduzo a túa comunicación escrita para que o idioma non sexa a barreira no teu negocio.

Copywriting

Tes un negocio ético e queres vender de acordo cos teus valores para sentirte cómoda, pero sen competir por prezos baixos.

 

Axúdoche a vender a través duns textos que conecten co teu público de maneira responsable.

No mundo dixital, os teus textos son todo o que a túa clientela vai saber de ti

e conseguen que conectedes ou que marche

Son Marta, tradutora de inglés, galego e castelán e copywriter para negocios comprometidos coa sociedade e o medioambiente.

 

Encántame traballar con proxectos rompedores: os que contribúen a crear unha sociedade máis diversa, igualitaria e sostible. Porque estes son os valores de quen os capitanean e tamén os meus.

 

Cos meus servizos axúdoche a comunicarte de maneira estratéxica para que conectes coa túa clientela a través dos teus textos e que vendas sen competir por prezos baixos.