Vende de maneira responsable e sen competir por prezos baixos

Compromiso social e ambiental.

Non o levas tatuado na testa, pero estas palabras guían as túas decisións diarias.

Por pequenas que sexan.

 

Miras que todo o que compras sexa duradeiro, respectuoso co medioambiente e que estea fabricado por marcas que coidan do seu persoal.

Pero cando tes que vender o teu… míralo con outros ollos:

 

 · Pregúntaste se venderás con ese prezo e ás veces dubidas se baixalo.

 · Sínteste perdida á hora de comunicar o porque dese prezo.

 · Esta situación fai que vender che resulte incómodo.

Porque expresar que ti vendes un cambio social e ambiental nun mundo que compite por prezos baixos, é complicado.

Imaxinas como sería vender seguindo os teus valores e sen competir por prezos baixos?

Sentirías que falas con voz propia e que es ti, sen palabras marketinianas que non encaixan coa túa forma de facer nin de ver o teu negocio. Ademais de alivio por deixar de suar cada vez que tes que falar de diñeiro, non o imos negar.

 

E isto conséguese a través dos teus textos.

 

Porque se vendes en Internet, a túa comunicación escrita vai ser o primeiro contacto que o teu público teña co teu negocio. E decide se compra ou non dependendo do que os teus textos lle digan, cando llo digan e como llo digan.

E se conecta co que dis, pasará de ver o prezo coma un gasto para velo coma un investimento.

Creamos uns textos de venda responsables que conecten coa túa clientela?

Así conseguirás uns textos de venda que conecten co teu público

1. Embarcamos

Falamos do teu negocio nunha videochamada de 20-30 minutos e vexo como te podo axudar dependendo do momento no que esteas co teu proxecto.

2. Marcamos o rumbo

Envíoche o presuposto e se aceptas traballar comigo, preparo un cuestionario para coñecer o teu negocio, a túa clientela e empaparme da túa maneira de expresarte. Nesta fase preciso da túa colaboración a tope, porque canta máis información me proporciones, mellor conectarán os textos co teu público.

3. Collo o temón

Infórmome a fondo sobre o teu público, vexo o que anda a facer a túa competencia e escribo un primeiro borrador do teu copy.

4. Chegamos a porto

Facemos unha videochamada para presentarche a estratexia que seguín e ensínarche o borrador dos textos da túa web. Se vemos que necesita algunha modificación, facémola.

5. Desembarcamos

Entrégoche os textos coas indicacións de maquetación (para que quen os vaia maquetar saiba como deben ir) e revísoos en entorno web unha vez estean maquetados por se houbera algún erro.

 

Se é o copy da túa web completa, tamén che entregarei o manual de identidade verbal da túa marca, que é o mapa da comunicación textual do teu negocio. Para que así poidas acudir a el cando dubides como expresarte.

E ao desembarcar?

Sempre que precises conexión entre o teu traballo e a túa clientela, tesme aquí para que colla o temón.

 

E se queres que sigamos en contacto, subscríbete á Lingualetter na páxina de Inicio para destrabar os teus textos con estratexia.

Estes son os servizos cos que che podo axudar

Copy a nado

Este servizo é para ti se queres escribir a túa web, pero non sabes por onde empezar nin tes claro que dicir. Sexa para escribila desde cero ou para actualizala.

 

Facemos unha videochamada dunha hora na que che explico os pasos e douche consellos para que escribas a túa web e así:

Perdas o medo á páxina en branco.

Sigas unha estratexia para que che sexa máis doado saber que dicir.

Aclares as dúbidas de como escribir para vender para as que Internet non che dou resposta.

 

+ Ademais, ao rematar a sesión enviareiche un resumo do que comentemos para que non teñas que estar tomando notas durante a videochamada e o teñas a man sempre que o precises.

*Investimento: 65 € (IVE incluído).

Copy a remo

Redacto por ti esa páxina da web á que lle queres dar un golpe de remo.

Porque xa escribiches todo, pero esa resísteseche.

Ou quizais queres actualizar só unha páxina da túa web, pero prefires delegala para dedicarte ao teu.

*Investimento: varía segundo a páxina. Consúltame sen compromiso na videochamada ou escríbeme a info@linguatrabada.com.

Copy a vela

Delegas o copywriting de toda a túa web ou páxina de venda en min para que poidas dedicarte por completo ao teu negocio.

Desenvolvo e redacto os textos das páxinas da túa web ou da túa páxina de venda e tamén os reviso unha vez os teñas maquetados para asegurarnos de que non hai erros.

 

+ O servizo de copywriting para web completa inclúe o manual de identidade verbal da túa marca, que é o mapa da comunicación textual do teu negocio ao que poderás acudir sempre que dubides como te expresares.

*Investimento: varía segundo as necesidades específicas do teu negocio. A páxina de venda empeza en 600 € (máis IVE) e a web completa en 800 € (máis IVE). Consúltame sen compromiso na videochamada ou escríbeme a info@linguatrabada.com.

Pack Redes

Este pack inclúe a redacción das túas próximas 4 entradas para redes sociais para que poñas en valor os teus produtos ou servizos, informes de cómo fas o teu traballo e estés presente na túa rede ou redes de preferencia.

Tamén podemos crear unha opción trimestral adaptada ás necesidades do teu negocio.

*Investimento: 120 € (máis IVE). Consúltame sen compromiso na videochamada ou escríbeme a info@linguatrabada.com.

Outros servizos de redacción

Este servizo está pensado para darlle lume de carozo ao teu marketing de contidos a través do blog e da newsletter. Aínda que tamén podes contarme que precisas e eu convírtoo en palabras.

As publicacións do blog van sazonadas coas palabras clave que me indiques ou as que acordemos previamente para axudarche co SEO.

*Investimento: varía segundo o número de palabras e a complexidade do tema a tratar. Consúltame sen compromiso na videochamada ou escríbeme a info@linguatrabada.com para pedirme presuposto.

Axúdoche a vender seguindo os teus valores?

Podes reservar agora unha videochamada de 20-30 minutos comigo para:

 

    • Coñecernos.
    • Que me contes en que punto estás co teu negocio.
    • Ver como te podo axudar.

Como funciona?

    1. Clica no botón de abaixo para cubrires o formulario.
    2. Estudo o teu caso e axendamos unha reunión.
    3. Aconsélloche que servizo se adapta mellor ás túas necesidades actuais para que valores se queres traballar comigo. Se encaixa contigo, envíoche o presuposto.

Preguntas frecuentes:

Canto tempo che leva facer o copywriting dunha web?

Depende das necesidades do teu proxecto. Por exemplo, un eCommerce lévame máis ca unha web estándar porque require máis contido. Pero entre 15 e 30 días desde que me envías a información que solicito para coñecer a túa marca, produtos ou servizos e público.

En que linguas fas o copywriting?

Ofrezo o servizo de copywriting en galego e en castelán. Se tamén o precisaras noutra lingua, coméntamo durante a videochamada e axúdoche no que poida.

Contrato o copywriting antes ou despois de facer a web?

Antes. O deseño da web ten que adaptarse aos textos. Digamos que o desenvolvemento da web é o último eslavón para dixitalizar o teu negocio. E quen cha vaia facer agradecerache que antes de comezar lle entregues todo o contido (textos, fotos, etc.).