pack web

Antes de que rompas o ordenador, queremos que saibas que te podemos axudar a crear a web e a escribir uns textos cos que vender che resulte máis cómodo.

Pásache que queres levar o teu negocio ao mundo dixital, pero xa non sabes por onde empezar?

pack web

> Perdes moito tempo intentando descifrar como funciona WordPress e estás deixando de facer o teu.

> Hai tantas tipografías como herbas en Galicia e non sabes cal escoller.
> Cada vez que te sentas a escribir os textos non sabes que dicir.
> Fixeches tantas paletas de cores con Pantone que xa ves borroso e non te decides.
> Creaches un logo nunha páxina que chos xera gratis, pero parécese moito a outros que viches.
> Tes claro que os teus valores van a misa, pero queres vender sen soar a comercial de Biblias.

Como sería para ti dixitalizar o teu negocio cunha identidade de marca que te diferencie da competencia e uns textos cos que vender che resulte cómodo?

É normal que non saibas por onde empezar a crear a web, que cores se adaptan mellor ao teu negocio, nin como escribir uns textos que che axuden a vender e cos que te sintas cómoda.

Por iso nos gustaría axudarche a sentirte menos perdida e máis a gusto co teu proxecto. Porque:

              > Queremos que te sintas identificada coa túa imaxe de marca.

              > Queremos que os teus textos fagan que vender che resulte máis fácil.

              > Queremos que teñas unha web da que te sintas orgullosa e queiras ensinar.

Para que ti poidas centrarte no teu traballo.

Descubre Dixitaliza o teu negocio

Un servizo para o que nos xuntamos unha deseñadora gráfica e unha copywriter co obxectivo de axudar a proxectos con impacto social e ambiental responsable a ter presencia en liña e unha identidade de marca recoñecible:

 

         > Sen descoidar o teu traballo.

         > Sen estresarte porque non dás a todo.

         > Sen renunciar aos teus valores.

Con Dixitaliza o teu negocio conseguirás un negocio 100 % adaptado ao mundo dixital e en funcionamento.

         > Aumentarás a confianza en ti e no teu proxecto.
         > Chegarás ao teu público e serás máis rendible.
         > Comunicaraste como ti pensas e de maneira estratéxica.
         > Obterás unha web que che guste ensinar.

dixitaliza o teu negocio

Que inclúe o pack Dixitaliza o teu negocio?

Ademais… 

        + Tomaremos un café virtual cando te poñas en contacto con nós para coñecernos e coñecer o teu proxecto.

        + Ao finalizar cada servizo do pack xuntarémonos por videochamada para entregarcho e modificar algunha cousa de ser necesario.

        + Tomaremos outro café* virtual ao rematar todo para facer unha revisión en entorno web do conxunto.

*Que se prefires viño nesta, tamén festexamos contigo.

Sabemos a dor de cabeza que pode chegar a ser coordinalo todo. Por iso nos xuntamos para que dixitalizar o teu proxecto sexa máis fácil.

Somos Lole e Marta e arrexuntámonos para poñercho fácil.

*E porque nos caemos ben. Todo sexa dito.

Porque para ter unha web estratéxica e funcionando necesitas:

           > Unha imaxe de marca definida (branding).

           > Uns textos enfocados na túa clientela (copywriting).

           > E un desenvolvemento web para montalo todo e que funcione ben.

Isto supón que necesitas mínimo dúas persoas para facer todo o proceso, ademais de asegurarte de que están en contacto para que saia todo a pedir de Milhouse.

E por iso xa vimos xuntas da casa. Porque arrexuntadas argallamos máis e mellor.

Pack web Dixitaliza o teu negocio

dixitaliza o teu negocio

– Imaxe de marca definida.

– Textos cos que vender sexa máis fácil.

– Web que ensinarás con orgullo.

+ Sen descoidar o teu traballo.

+ Sen renunciar aos teus valores.

NÚMERO DE PROXECTOS LIMITADOS

(Só podemos coller 2 proxectos ao mes)

*A pagar en 2 prazos. Se necesitas dividilo máis, fala con nós.

Aquí tes algunhas referencias

Quizais te estás a preguntar…

 

· Fas o copy só en galego?

Non. Tamén fago o copy en castelán. E se queres a web nas dúas linguas, tamén a podemos facer. Falamos e vémolo.

· E se non me gusta algo?

Durante o proceso imos axustando. Primeiro faremos unha videochamada para coñecernos e coñecer o teu proxecto e enviarémosche despois dous formularios para que nos indiques as túas preferencias. Pero tamén faremos varias reunións a medida que avancemos para que nos digas se hai algo que non encaixa contigo e así poder corrixir e continuar sobre seguro.

· Por que a tenda online é máis cara cá web estándar?

É máis cara porque dá máis traballo. Hai que crearlle máis páxinas (unha por produto, ademais da integración das pasarelas de pago) e tamén máis contido.

· Canto tempo tardades en facer un pack con branding, copywiting e desenvolvemento web? E un con tenda online?

Iso depende das necesidades de cada proxecto e de se nos envías presto toda a información que che solicitamos. Pero máis ou menos, unha web estándar lévanos dous meses e medio desde que nos envías a información que che solicitamos e unha tenda online tres. Gústanos dedicarlle tempo para facelo con mimo.

· Canto tempo tardades en facer unha páxina de venda?

Ao igual que che contaba na pregunta anterior, pode variar moito dependendo dos factores. Pero aproximadamente desde que nos envías a información que che solicitamos lévanos mes e medio. É o servizo do pack que menos tempo nos levaría.

· E se só necesito un dos servizos e non un pack?

Se só precisas un dos nosos servizos, contacta con nós e farémosche un presuposto só para o que precises. Pero ten en conta que o poñemos como un pack porque ten un prezo máis económico ao contratalo así que se contratas os servizos por separado.

· E se necesito pagar en máis de dúas veces?

Fala con nós e axudámosche a dividir o pago en máis tramos. Sen problema!

· Se escribes ti a web, soará a min?

Si. O formulario que che enviarei para o copy é precisamente para coñecer mellor como funciona o teu negocio e mergullarme nas túas palabras. Ademais, teremos unha reunión cando che entregue os textos e se ves que algo non encaixa contigo modificámolo.

Se tes algunha outra pregunta, podes escribirnos un >> email << ou se prefires coñecernos e falarnos do teu proxecto, reserva >> aquí << a túa reunión gratuíta sen compromiso.