Únete á comunicación estratéxica que consegue que conectes coa túa clientela a través dos teus textos

As palabras moven mundos

Fante rir, chorar, enfadar e tamén alegrar. Porque como e cando che din algo cámbiao todo.

 

E coas palabras que empregas no teu negocio pasa o mesmo.

Trabóuseche algunha vez a lingua?

Seguro que máis dunha vez o cerebro foiche a todo gas e, xusto canto intentas dicir algo, vai e trábaseche a lingua. E dis de todo menos o que querías dicir.

 

Se levas iso ao teu negocio, o que pasa é que tes tantas ideas xuntas que parece imposible ordenalas e enfocalas para que as comuniques.

 

E iso é o que fago eu: investigo, organizo a información e doulle forma para que chegue ao teu público de maneira estratéxica e precisa. Sen que te trabes por non saber que dicir nin como facelo.

O meu camiño coas palabras empezou con espírito aventureiro e continuou cos cerres perimetrais

Aos 17 anos decidín que quería estudar tradución estando nunha igrexa en Malta.

 

E non, non foi por inspiración divina nin tampouco son eu relixiosa.

 

Pero tiven a sorte de recibir becas para facer intercambios desde os 14 anos. E estando nun, fun a unha visita guiada por unha igrexa na que había unha parella de madrileños que non entendía nada do que dicía a guía, así que me ofrecín para interpretárllelo.

 

E así foi como descubrín que me encantaba iso de conseguir que dúas persoas que non falan o mesmo idioma nin teñen a mesma cultura poidan comunicarse.

Porén, o meu camiño co copywriting empezou cos cerres perimetrais e a corentena. Para contrastar.

 

Non estaba a gusto no traballo que tiña e decidín facerme autónoma. Gran idea durante unha pandemia, dirás. O conto é que tiven que aprender a venderme para poder diferenciarme doutras persoas que ofrecían o mesmo ca min.

 

E investigando como facelo, descubrín o copywriting: a escritura para a venda.

 

Empeceime a informar e a practicar as técnicas de comunicación e vin que me gustaba aquilo e que se me daba ben. Así que decidín formarme e ofrecelo como servizo para axudar a persoas con valores éticos a vender no ámbito dixital.

 

Unha historias menos divertida, pero a min gústame vela como supervivencia nun momento de caos mundial. O cal tamén é unha aventura en si mesma.

Ola! Chámome Marta e son quen está detras de Lingua trabada.

Hai uns anos o cerebro fíxome un clic detonador:

 

· Vin o de comer carne con outros ollos. Empecei a pensar que ser amante dos animais e a natureza e comer carne non eran compatibles nesta sociedade. Así que deixei de consumila.

 

· O movemento feminista chegou a min coma unha onda e tireime de cabeza. Gracias a el tamén me fun concienciando con outras causas sociais e aprendín que, aínda que non me atravesen, podo poñer o meu gran de area.

 

Estudei Tradución e Interpretación en Vigo.

 

A miña compañeira de traballo é unha gata e chámase Cinza.

 

Formeime en escritura para a venda coa Escuela de Copywriting.

 

A Costa da Morte é casa.

Agora tócache a ti

Creo que existe unha maneira consciente e responsable de vivir e consumir. E sempre empeza polas pequenas accións de persoas anónimas que, cando se xuntan, poden cambialo todo.

 

Por iso é imprescindible que a túa marca ética prospere:

 

· Para que o benestar social e o coidado do planeta vaian antes ca o beneficio económico duns poucos.

· Para que o teu traballo tamén sexa sostible para ti.

· Para que a túa mensaxe chegue a outras persoas, aínda que vivades en países diferentes.

 

E para conseguilo é necesario comunicalo desde os teus valores.

Queres que che axude a que a túa marca ética prospere?

Tamén formo parte doutros proxectos cos mesmos valores

Dixitaliza o teu negocio

O pack para proxectos responsables que queren lanzarse ao mundo dixital e necesitan unha web e identidade visual e verbal para ser recoñecibles aló onde vaian.

 

Aquí xunteime con Lole, que é deseñadora gráfica e desenvolvedora web, para crear a identidade de marca completa do teu negocio.

Valida tu idea

O servizo pensado para que descubras se a túa idea novidosa de negocio, produto ou servizo interesa e obteñas unha lista de contactos que poidan converterse en clientela a medio e longo prazo.