Imaxina un mundo no que só puideras acceder ao contido que se creou orixinalmente no teu idioma.
E todo o que te acompaña no teu día a día, de repente, desaparece:
· A túa serie favorita.
· O prospecto da aspirina.
· A páxina web do hotel ao que irás nas túas próximas vacacións.
· As redes sociais.
· As intrucións de montaxe do último moble que mercaches.
Produce ansiedade só con imaxinar un mundo así, verdade?
Por sorte, isto non sucede grazas á tradución.
Unha tradución axúdache a que o teu negocio se coñeza e medre, porque che permite:
· Adaptar a túa mensaxe á cultura das persoas doutros países ás que te dirixes.
· Comunicarte de maneira clara e precisa.
· Conectar coa persoa que hai detrás da pantalla.
Escríbeme a info@linguatrabada.com, cóntame como te podo axudar e lembra achegar o texto que necesitas traducir para que prepare o presuposto.
Estudo o teu caso para ver como te podo axudar, preparo o presuposto e envíocho.
Se aceptas traballar comigo, firmamos o contrato, aboas o 50 %, establecemos a data de entrega e póñome a traducir para derrubar as barreiras do idioma.
Envíoche os teus textos traducidos para que poidas lanzarte a conseguir novas oportunidades, aboas o 50 % restante e, se houbera que modificar algo, corrixímolo.
Sempre que precises transporte lingüístico tesme aquí para que colla o temón.
Pero tamén me gustaría que me escribises para contarme como vas por esas novas terras e que tal o levas.
Traduzo toda a comunicación do teu establecemento turístico: a web, os correos electrónicos, a newsletter, as entradas do blog, etc. Coas súas peculiaridades, necesidades e vocabulario específico do sector.
*Investimento: varía segundo o número de palabras e a complexidade do proxecto. Escríbeme a info@linguatrabada.com e pídeme presuposto sen compromiso.
Axúdoche a que os teus textos comerciais e publicitarios estean adaptados ao teu público para que o teu negocio medre e se abra camiño a outros mercados nos que o teu produto ou servizo poida ser atractivo.
*Investimento: varía segundo o número de palabras e a complexidade do proxecto. Escríbeme a info@linguatrabada.com e pídeme presuposto sen compromiso.
Traduzo e subtitulo os teus vídeos do inglés ao galego ou ao castelán, ou entre galego e castelán. Tamén subtitulo vídeos con audio en galego ou castelán para que sexan más inclusivos e os poida entender todo o mundo.
*Investimento: varía segundo os minutos do vídeo e a complexidade do proxecto. Escríbeme a info@linguatrabada.com e pídeme presuposto sen compromiso.
A parte das anteriores especialidades, tamén traduzo e corrixo no meu día a día textos xerais e doutras áreas, como o retail e a moda.
Por outra banda, tamén cursei un Mestrado en Estudos Interdisciplinares de Xénero, polo que me desenvolvo con soltura coa terminoloxía específica deste eido. Ademais, podo revisar os teus textos para que sexan máis inclusivos sen que caias en tópicos sexistas, racistas ou capacitistas, por exemplo.
*Investimento: varía segundo o número de palabras e a complexidade do proxecto. Escríbeme a info@linguatrabada.com e pídeme presuposto sen compromiso.
Para facerche o presuposto teño en conta a extensión en palabras do teu texto, o par de linguas desde e cara ao que vou traducir, o nivel de especialización que require, o formato no que me envías e necesitas recibir o documento e os prazos de entrega.
Modificámola. Con cada tradución que fago ofrezo sempre unha corrección, así que ti disme o que non che encaixa e resolvémolo. De todos os xeitos, antes de poñerme a traducir sempre reviso o texto para preguntar as dúbidas que teña.
Escríbeme a info@linguatrabada.com e pregúntame sen compromiso. En caso de que eu non poida traducilo, conto cunha rede de compañeiras tradutoras con especializacións e idiomas moi variados, así que seguro que dunha ou outra maneira podemos solucionalo.