Comunícate por aquí
Lingua trabada é un estudo de comunicación verbal multilingüe dixital, o que significa que podes traballar comigo desde calquera recuncho do mundo. E non hai cousa que me faga máis feliz ca darche a benvida esteas onde esteas.
Así que escríbeme un correo a info@linguatrabada.com no que indiques:
- O teu nome e o do teu negocio.
- Como te podo axudar.
- Se o que precisas é unha tradución ou unha corrección, achega tamén o texto en cuestión para que poida velo e facerche o presuposto.
*Respondereiche nun máximo de 24 horas laborables.
*Traballo de luns a xoves de 9.00 a 17.00 horas e os venres de 9.00 a 14.00 (CET). As fins de semana e os festivos desconecto do tecleo.

Quedaches con dúbidas?
Aquí respondo as máis frecuentes.
Pero se tes calquera outra pregunta, escríbeme a info@linguatrabada.com para que che bote unha man.
TRADUCIÓN: necesito que me envíes todo o material que queres que traduza e a información e indicacións sobre o proxecto.
CORRECCIÓN: necesito que me envíes o documento en Word cos textos que queres que corrixa e as indicacións do que non debo cambiar, de habelas.
COPYWRITING: temos que reunirnos antes para falar do que queres conseguir e ver o que precisas e o que non. Escríbeme para organizar unha reunión.
Ao facer un presuposto teño en conta:
- O número de palabras que ten o teu texto.
- O par de idiomas desde e cara ao que precisas que traduza.
- O grao de especialización que require.
- O formato no que mo envías e no que precisas recibir o documento.
- E os prazos de entrega.
Para novos clientes ou traballos esporádicos considero que está aceptado cando ambas partes asinamos o contrato e me envías o xustificante de pago do importe indicado (segundo a contía, será do 50 % ou do 100 % do importe). Para clientes recorrentes, ademais de asinar un contrato previo á relación laboral, considero que cada presuposto que me solicites está aceptado ao confirmarmo por correo electrónico. Neste último caso, emito unha única factura a final de mes con todos os traballos que efectuara nese mes.
Transferencia bancaria. No caso de ser unha transacción suxeita a comisións, o cliente asúmeas na súa totalidade.
Non, en ningún dos dous casos. O que emprego son software para tradutores (tamén coñecidos como ferramentas de tradución asistida ou TAO), que me permiten crear memorias de tradución para manter unha coherencia terminolóxica con cada cliente. Pero son eu quen traduce todo para ter o control e que soe natural. E o mesmo sucede cos textos que creo de copywriting.
Trato con confidencialidade e de acordo coa Lei de protección de datos persoais toda a información que me proporciones e os documentos que me envíes.