Comunicación clara que soa a ti

Dio sen voltas cunha comunicación verbal multilingüe que atrae clientela e soa a ti.

Se chegar ao teu público é complicado, que lle atraia a mensaxe que transmites e se interese polo que vendes aínda o é máis.

Pode que domines o trato cara a cara, pero ao escribir os textos para o teu negocio é fácil que acaben por soar:

Moi a xerga do teu sector.
Moi ambiguos.
Moi xenéricos.
Moi robóticos.
Ou unha mestura de todo o anterior.

E na era da competencia pola atención do público na que estamos, isto non funciona.

Aquí é onde entra o meu traballo.

  • Converter as ideas que lle queres transmitir ao teu público nas túas mensaxes de marca.
  • Transformar nos teus argumentos de venda iso que leva ao teu público a elixirte a ti.
  • E adaptalo todo á voz da túa marca para que reflicta a súa personalidade.

Sen mensaxes rebuscadas que dificulten a lectura nin a comprensión.

Sen perder de vista o contexto cultural do teu público para que soe natural.

Ti marcas o ritmo. Eu poño a letra.

Chámome Marta

e son copywriter, tradutora de inglés a castelán e galego e correctora.

Pero como este é un título de dimensións case nobiliarias, para que nos entendamos ti e mais eu, o que fago é axudarche a que te comuniques de maneira eficaz co teu público para que este se converta en clientela que volve a ti.

Porque se entende sen esforzo, identifícase co que dis e falas o seu idioma de maneira fluída e natural acaba comprando, recomendándote e incluso converténdose en fan da túa marca.

Marta Pastoriza, native Spanish and Galician copywriter and translator

INVESTIGAR

Para comunicar de maneira eficaz non podo quedar con dúbidas.
Por iso preguntarei todo o que precise aclarar e, dependendo do servizo, tamén os teus obxectivos, necesidades e público ao que te dirixes.
Porque unha é creativa, pero con precisión.

ATENDER

O que máis valora a miña clientela é a atención que proporciono antes, durante e despois de traballar comigo.
Ademais, sempre falarás directamente comigo, sen intermediarios que retrasen o proceso nin encarezan o servizo.

PERSONALIZAR

Cada negocio ten necesidades comunicativas distintas que dependen da época do ano e momento no que se encontra, por iso adapto os servizos a ti e ao que necesitas para que consigas os teus obxectivos e poidamos medrar en compañía.

Nas súas palabras

Eu viña aquí falar da miña Lingualetter

A newsletter bimensual na que envío consellos e recomendacións comunicativas entre historias e anécdotas. Subscríbete aquí para recibila: