Comunica máis e mellor
Porque por moitos produtos ou servizos de calidade que teñas, sós non se venden.
Así que imos poñerllos en bandexa a ese público ao que queres chegar para que, ademais de interesarse polo que vendes, se volva fan da túa marca.

Non deixes que a túa clientela teña que esforzarse por entenderte: dillo claro, sen voltas e na súa lingua.

Tradución de inglés a galego e castelán
Facilítalle a comprensión dos teus produtos ou servizos ao teu público galego ou español cunhas traducións naturais e fluídas. Porque se non falas o seu idioma, nin sequera te terá en conta.
Así que fai que se sinta atendido e apreciado. A xente sempre volve onde lle fan sentirse a gusto e llo poñen fácil, o que para ti significa unha imaxe de marca sólida en Galicia e máis ingresos.
- Páxinas web e redes sociais.
- Newsletters e blogs.
- Folletos e catálogos.
- Artigos.
- Guías turísticas.
- Publicidade e textos comerciais.
Que inclúe o servizo de tradución?
> A tradución creativa e localización do inglés para galego ou castelán de textos de marketing, publicidade, turismo e moda. Antes de traducir sempre pregunto as indicacións do proxecto e os obxectivos.
> Unha corrección dos textos cun programa de control de calidade para que non quede erro ningún.
> Unha revisión dos textos unha vez maquetados.
> A atención recibida antes, durante e despois do servizo para resolver calquera dúbida que che poida xurdir.
LOCALIZACIÓN WEB
-
Traducir unha web dunhas 3000 palabras. Inclúe investigación de marca e produto, perspectiva cultural para evitar malentendidos e revisión unha vez maquetados na web.
Copywriting en galego e castelán
A escritura para a venda. O que fai que o teu público queira o teu e non o do veciño.
Combino o que queres dicir co que o teu público busca en ti e engado técnicas de escritura persuasiva e storytelling (ou narración de marca) para deixar o teu público a babear.
- Páxinas web e redes sociais.
- Páxinas de venda e landing pages (ou páxinas de rexistro).
- Fichas e descripcións de produtos.
- Email maketing e blogs.
- Microcopy: mensaxes curtas estratexicamente situadas.
Que inclúe o servizo de copywriting?
> A investigación previa do teu negocio para falarmos sobre ti e a túa marca e procurar información sobre o teu público e competencia.
> A redacción dos textos con base en toda esa información.
> Unha corrección dos textos para pulir expresións, vocabulario ou algún apartado e adaptalos o máximo posible á túa marca e forma de expresarte.
> Unha revisión dos textos unha vez maquetados, para asegurarnos de que todo encaixa no seu espazo asignado e non hai botóns con textos máis grandes que a pantalla do móbil.
> A atención recibida antes, durante e despois do servizo para resolver calquera dúbida que che poida xurdir.
EMAIL MARKETING
-
Secuencia de 3 correos de benvida para a túa newsletter. Tamén escribo email marketing para a túa marca e campañas.
ASESORÍA PARA DESTRABARTE
-
Un servizo para proxectos e marcas que se sinten perdidos coa súa comunicación e non teñen claro por onde collela para sentila orgullosamente súa —e que traballe ao seu favor.
PÁXINA WEB
-
Unha web de 4 páxinas simples. Inclúe videochamada de investigación, asesoramento comunicativo, creación de discurso de marca e argumentos de venda. Non inclúe fichas nin descricións de produtos.


Corrección de textos e normalización en galego
Unha lectura ininterrompida por erros ou faltas de coherencia nas frases é unha lectura que atrae e non distrae. Un texto pulido sempre vai cumprir mellor o seu obxectivo, sexa este informar, vender ou deleitar a quen le.
Que inclúe o servizo de corrección de textos?
> Aínda que estou especializada en corrixir textos en galego, tamén corrixo textos comerciais en castelán.
> A corrección dos teus textos con control de cambios para que vexas todo o que modifiquei. Ou sen el, como ti prefiras.
> A atención recibida antes, durante e despois do servizo para resolver calquera dúbida que che poida xurdir.
TEXTO ÚNICO
-
Corrixir un texto dunhas 1000 palabras. Inclúe corrección ortotipográfica e estilística para que non haxa erratas, todo teña sentido e sexa coherente.
PLAN MENSUAL
-
Inclúe ata 12 000 palabras. Corrección ortotipográfica e estilística para que non haxa erratas, todo teña sentido e sexa coherente.
PLAN TRIMESTRAL
AFORRA 125€-
Inclúe ata 36 000 palabras. Corrección ortotipográfica e estilística para que non haxa erratas, todo teña sentido e sexa coherente.
Se cando chamas a unha empresa e sae un sofisticado contestador automático pensas «quero falar xa cun operador», imaxina como se sinte a xente ao ler textos que soan a robot e non a ser humano.
As persoas compramos produtos e servizos a outras persoas. Porque á fronte de cada negocio hai seres humanos de carne e óso. Coas súas historias, coñecementos e forma de expresarse.
Porén, abundan os negocio con textos baleiros a través dos que non se percibe as persoas que hai detrás desas marcas. Son xenéricos, imprecisos e están cheos de frases que non din nada.
Por iso, ao investir nunha comunicación humana que se adapta a ti e ás túas necesidades, estás a investir tamén en:
- Forxar unha imaxe de marca sólida para o teu negocio.
- Ofrecerlle ao teu público unha atención de calidade en acorde ao que vendes.
- E en facilitarlle a comprensión para que se centre no que dis sen distraccións nin malos entendidos por diferenzas culturais.
Pero isto non é só un intercambio de bens e servizos, porque tamén me gusta implicarme nos proxectos cos que traballo para adaptar e personalizar o máximo posible e que isto sexa o comezo dunha fermosa relación laboral.
Porque para venderlle a seres humanos tamén hai que soar a e comportarse como seres humanos.
Nas súas palabras
Tamara Rodriguez Pereira2024-08-26Trustindex verifica que a fonte orixinal da revisión é Google. O acompañamento de Marta sempre me axuda a mellorar o foco dos meus textos, favorecendo unha comunicación clara e concisa. Valoro moito a súa profesionalidade, puntualidade, claridade aportando un servizo de calidade e proximidade. Recomendo moito os seus servizos xa que tamén te guía nas túas necesidades para identificalas mellor orientándote ao servizo que máis se adapte a ti. A Muebleria2024-01-08Trustindex verifica que a fonte orixinal da revisión é Google. Contactamos con Marta para renovar uns dossieres dos nosos servizos e o resultado foi xenial. Gustounos moito o proceso: primeiro escóitate para saber o máximo do teu negocio e das túas intencións e, en poucos días, xa tiñamos uns textos sobre os que puidemos valorar e opinar. O resultado, uns textos acordes ao que queríamos contar! Agora que os vemos, pasado xa un mes, podemos decir que Marta fai doado o que para nós era un mundo… Xa sabemos a quen temos que chamar cando non atopemos as palabras axeitadas! Grazas! Ana Álvarez2023-10-09Trustindex verifica que a fonte orixinal da revisión é Google. Ha sido un verdadero descubrimiento y un placer trabajar el copi de mi empresa con ella. El resultado a sido perfecto¡ Sin dudarlo seguiré contando con sus servicios. Marta2023-07-07Trustindex verifica que a fonte orixinal da revisión é Google. Marta escribiu os textos da miña web, a cal estou reformando. Atopou as palabras axeitadas para describir os meus servizos, co meu estilo e no meu tono. Estou encantada co resultado, é profesional e cercana. Moi recomendable o seu servizo. Melanie Jane Delgado Phillips2023-04-05Trustindex verifica que a fonte orixinal da revisión é Google. Me puse en contacto con Marta porque quería darle un nuevo enfoque a mi sitio web. Necesitaba ampliar y mejorar el copy y me ha ayudado a conseguirlo al 100 %. Ha tenido en cuenta todo lo que le he comentado y también me ha asesorado para lograr un resultado excelente. Ha sido muy fácil y agradable trabajar con ella. Ya la he recomendado y lo seguiré haciendo. ¡Gracias, Marta! @Linguatrabada Andreina Aular Villavicencio2022-09-28Trustindex verifica que a fonte orixinal da revisión é Google. He contactado con Marta porque quería revisar los textos de mi web y la verdad, ¡he recibido mucho más que eso! Con Marta he identificado aspectos específicos para trabajar y mejorar y he aclarado dudas sobre cómo expresar aquello que quiero transmitir de una forma genuina y honesta, pero también estratégica. Marta es una persona cercana y amable con unos valores claros que se perciben en su buen hacer. Sin duda seguiré contando con Lingua Trabada en el futuro. Sandra Negreira2022-06-19Trustindex verifica que a fonte orixinal da revisión é Google. Una gran profesional Natalia Calviño Costas2022-06-16Trustindex verifica que a fonte orixinal da revisión é Google. Marta se puso en contacto conmigo, porque necesitaba una traductora médica de español a inglés para una clienta. Desde el minuto uno ha estado muy pendiente de todo el proceso, siempre ha estado dispuesta a resolver cualquier duda y ha demostrado una gran profesionalidad. Ha sido un placer colaborar con ella. Por lo que si necesitas una traductora de inglés, gallego y español o una experta en copywriting, no dudes en recurrir a ella. ¡Muchas gracias, Marta! Sofia Traba2022-05-24Trustindex verifica que a fonte orixinal da revisión é Google. Trabajar con Marta ha sido maravilloso. Es profesional, atenta, minuciosa y proporciona un servicio de calidad. He contratado el servicio de Copy a nado y me ha dado información muy valiosa para redactar los textos de mi negocio. Estoy muy contenta con el servicio tallerdepolo polo2022-05-11Trustindex verifica que a fonte orixinal da revisión é Google. Cheguei a Marta pola necesidade de transmitir o meu traballo da mellor maneira, que me axudara a describir correctamente esas vivencias diarias no taller. A súa profesionalidade dende o principio foi exemplar, sabe escoitar e ofrece unha atención moi persoal, moi coidada. Os seus textos axudaron a mellorar as miñas redes sociais, graciñas mil a Lingua Trabada!